domingo, 25 de abril de 2021

SEMANA DA PRENSA

 Este curso para conmemorar A SEMANA DA PRENSA decidimos facer o noso propio xornal:O FALADOIRO DE VEA. Cada clase elaborou unha noticia para as diferentes seccións do noso xornal:nacional , internacional, política.

O noso ciclo de Infantil quixo relacionalo como facemos sempre co noso proxecto sobre a natureza da sabana africana. Nesta liña  de pensamento a aula de 4/5 anos centrouse no medio ambiente e a súa necesidade de protexelo. Mirade que activistas se volveron!!!





A aula de 3/4 anos centrouse na Carteleira para publicitar a nosa película favorita: O REI LEÓN .
Coloreamos a imaxe máis representativa da película, escribimos os nomes dos protagonistas que ademais coinciden cos personaxes que imos interpretar a nosa obra de teatro e traballamos sobre o argumento da mesma.

ESTAMOS EMOCIONADÍSIMOOOS !!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario