domingo, 25 de abril de 2021

8 DE MARZO

O Día 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é en INFANTIL quixemos sensibilizar ao noso alumnado da importancia de concienciarse que non hai metas imposibles para as mulleres en prol de buscar a igualdade de ámbolos dous xéneros en todos os eidos .Escollimos para investigar nas dúas aulas a dúas mulleres africanas para relacionalo co noso proxecto sobre ÀFRICA.

O  alumnado de 3/4 anos investigou a raiña de Ghana YAA  ASANTEWA que se converteu nun símbolo para o seu país da resistencia ante os ingleses e da loita pola independencia do seu .O alumnado de 4/5anos investigou a activista e cantante sudafricana MIRIAMMMAKEBA  que loitou polos dereitos humans. 

Botade un vistazo aos nosos traballos!!!


      

                                      Aula de 3/Anos:  YAA  ASANTEWA



                                     Aula de 4/5 anos: MIRIAM MAKEBA

Tamén decidimos poñer o noso grao de area buscando e escribindo mensaxes moi significativas de empoderamento da muller participando nunha actividade de centro pero nós quixemos darlle a nosa impronta particular disfrazándonos de mulleres africanas e poñendo nos nosos beizos esas palabras que nunca esqueceremos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario