lunes, 28 de junio de 2021

ÍMONOS DE VACACIÓNS

DESEXÁMOSVOS A TODOS UNHAS FANTÁSTICAS E MERECIDÍSIMAS VACACIÓNS PERO

 ANTES QUEREMOS DEIXARVOS AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA QUE 

 VOS MERGULLEDES NOS LIBROS AO LONGO DO VERÁN .




ORLA 6º DE INFANTIL

 As mestras de Infantil quixemos facer entrega dunha ORLA aos nenos e nenas que remataron o noso ciclo.Parabéns para UXÍA ,VALENTINA, CARLOTA,ARES , ESTELA e YOEL.



Tamén queremos dar os nosos parabéns a todos os nenos e nenas que estiveron de
  ANIVERSARIO ao  longo deste 3º Trimestre ou que ainda o estarán no verán. Moitas felicidades para SARA, SOFÍA,YOLANDA,SHEYLA , FAIA e VALENTINA  da aula de 4/5 anos; e para MARTÍN, ALMA e  XEILA da aula de 3/4 anos.







sábado, 26 de junio de 2021

FIN DE CURSO

CELEBRAMOS O FIN DE CURSO COA ENTREGA DE DIPLOMAS E UN PEQUENO AGASALLO!!!!! 


















E PARA FINALIZAR GRADUARONSE OS MAIORES DE INFANTIL . 

SORTE NA NOVA ETAPA !!! 



 







lunes, 14 de junio de 2021

REPRESENTACIÓN TEATRAL INFANTIL 2021.



AS NENAS E NENOS DE INFANTIL GOZAMOS MOITO COA NOSA REPRESENTACIÓN DE TEATRO!! 



Grupos de Educación Infantil e as profes


Algunas fotos máis dos ensaios :





















PODEDES ACCEDER AO LINK DO VÍDEO PREMENDO NA IMAXE 














viernes, 28 de mayo de 2021

OS MAIOS

 No noso ciclo de Infantil queremos seguir mantendo viva esta tradición, por iso cada neno/ a decorou con flores o seu maio.

A FESTA DOS MAIOS é  a festa da primavera .Significa o reverdecer das prantas e ós  nosos  nenos e nenas encántalles xogar coas prantas e flores. Mirade que ben o pasamos e que maios máis bonitos nos quedaron!!!





Fachendosos co resultado do noso traballo.

                                          
                                                         AULA DE 4/5 ANOS.


AULA DE 3/4  ANOS.


miércoles, 26 de mayo de 2021

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.No noso colexio decidimos montar unha exposición dos nosos libros favoritos .

MIRADE QUE CHULA NOS QUEDOU!!! 



  EXPOSICIÓN  DOS LIBROS FAVORITOS DE TODO O ALUMNADO DO COLEXIO.



                              LIBROS FAVORITOS DOS NENOS/AS DA  AULA DE 3/4 ANOS.



                            LIBROS FAVORITOS DOS NENOS/AS DA  AULA DE 4/5 ANOS.

domingo, 25 de abril de 2021

ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE

 PARABÉNS para todos os nenos e nenas que celebraron os seus ANIVERSARIOS no 2º trimestre

       INÉS e MARÍA da aula de 3/4 anos  e UXÍA , DAVID e ANGIE  da aula de 4/5 anos.




Aquí queda tamén unha mostra dos materiais que levaron para a casa no 2º trimestre.






SEMANA DA PRENSA

 Este curso para conmemorar A SEMANA DA PRENSA decidimos facer o noso propio xornal:O FALADOIRO DE VEA. Cada clase elaborou unha noticia para as diferentes seccións do noso xornal:nacional , internacional, política.

O noso ciclo de Infantil quixo relacionalo como facemos sempre co noso proxecto sobre a natureza da sabana africana. Nesta liña  de pensamento a aula de 4/5 anos centrouse no medio ambiente e a súa necesidade de protexelo. Mirade que activistas se volveron!!!





A aula de 3/4 anos centrouse na Carteleira para publicitar a nosa película favorita: O REI LEÓN .
Coloreamos a imaxe máis representativa da película, escribimos os nomes dos protagonistas que ademais coinciden cos personaxes que imos interpretar a nosa obra de teatro e traballamos sobre o argumento da mesma.

ESTAMOS EMOCIONADÍSIMOOOS !!!




8 DE MARZO

O Día 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é en INFANTIL quixemos sensibilizar ao noso alumnado da importancia de concienciarse que non hai metas imposibles para as mulleres en prol de buscar a igualdade de ámbolos dous xéneros en todos os eidos .Escollimos para investigar nas dúas aulas a dúas mulleres africanas para relacionalo co noso proxecto sobre ÀFRICA.

O  alumnado de 3/4 anos investigou a raiña de Ghana YAA  ASANTEWA que se converteu nun símbolo para o seu país da resistencia ante os ingleses e da loita pola independencia do seu .O alumnado de 4/5anos investigou a activista e cantante sudafricana MIRIAMMMAKEBA  que loitou polos dereitos humans. 

Botade un vistazo aos nosos traballos!!!


      

                                      Aula de 3/Anos:  YAA  ASANTEWA



                                     Aula de 4/5 anos: MIRIAM MAKEBA

Tamén decidimos poñer o noso grao de area buscando e escribindo mensaxes moi significativas de empoderamento da muller participando nunha actividade de centro pero nós quixemos darlle a nosa impronta particular disfrazándonos de mulleres africanas e poñendo nos nosos beizos esas palabras que nunca esqueceremos.








DÍA DE ROSALÍA

 O día 24 de Febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA , data que coincide co aniversario do seu nacemento. No noso colexio quixemos agasallar con flores a ROSALÍA e mirade que contentos estamos co resultado do noso traballo!!!


                                      

                                                           AULA DE 3/4 ANOS



                                                           AULA DE 4/5 ANOS

Tamén quixemos agasaiar a nosa poetisa galega favorita cos nosos retratos feitos coa técnica de ANDY WARHOL.




jueves, 1 de abril de 2021

lunes, 15 de febrero de 2021

DÍA DA BRINCADEIRA DO ENTROIDO

VENRES :"É o día da brincadeira, abráianos co teu disfraz multicolor".

      

           NENOS DE 3/4 ANOS BRINCANDO


NENOS DE 4/5 ANOS O DÍA DA BRINCADEIRA


Pero non todo ía ser disfrazarnos e brincar...Tamén decoramos o noso cole para a festa: coloreamos, picamos, recortamos para facer as nosas CARETAS  favoritas cos PERSONAXES DO REI LEÓN     

COLOREAMOS


MANS A OBRA CON TODOS OS MATERIAIS


DECORAMOS LETRAS

    
RESULTADO FINAL DO NOSO TRABALLO


FACHENDOSOS DA NOSA OBRA!!!


DISFRUTANDO DAS NOSAS CARETAS