jueves, 31 de diciembre de 2020

CONMEMORACIÓNS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

O alumnado de INFANTIL participou en todas as CONMEMORACIÓNS que se celebraron no noso centro ao longo deste 1º trimestre: SAMAÍN , MAGOSTO, DÍA EN  CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO,NADAL...

Neste senso queremos deixar aqui unha mostra das actividades que preparamos con moita ilusión. 

DISFRAZÁMONOS POLO SAMAÍN

                                                  
                                                   FIXEMOS  POSTAIS DO SAMAÍN


FIXEMOS BRUXAS E MORCEGOS















NO MAGOSTO DISFRUTAMOS COS XOGOS POPULARES  E APRENDIMOS A FACER OS NOSOS PROPIOS TROMPOS CON MATERIAL DE REFUGALLO.







NO NADAL FIXEMOS PIÑAS PARA A ÁRBORE



LIBRIÑO CON TODOS OS TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

MÁIS ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

BOAS  TARDES!!!  


Seguimos dando mostras do bo facer dos nosos nenos e nenas de Infantil ao longo deste 1º Trimestre.Os cativos e cativas de 3 Anos experimentaron co seu nome e aprenderon a súa inicial  asociándoa ca dos animais da sabana.



                                                    PROXECTO DO NOME


Tamén aprenderon as cores  da man dos animais e fixeron este libriño con moita ilusión.



PROXECTO DAS CORES 

S

. Fixemos a nosa  MASCOTA DE INFANTIL : O LEÓN  aproveitando as follas do outono.



MASCOTA O LEÓN

Fixemos un traballo de plástica de todo o alumnado de  Infantil ainda que non puidemos facer o Obradoiro colaborativo de todo o ciclo tal e como tiñamos costume de facer. Pero quedounos algo moi bonito que é a silueta do CONTINENTE AFRICANO, continente que imos investigar nos próximos trimestres.E para facer ÁFRICA fixémolo co noso personaxe de ficción favorito: O REI LEÓN.

MIRADE QUE CHULO NOS QUEDOU!!!
  

                                                                    ISTO É ÁFRICA !!!

Preparamos un marco de fotos chulísimo para festexar OS ANIVERSARIOS  do noso alumnado. Este trimestre  estiveron de aniversario Xulia, Ana  Valencia, Emilio, Mateo e Leo de 3 anos ; Ana Barcala, Hugo e Xiana  de 4 anos  e Carlota e Ares de 5 anos.

PARABÉNS PARA TODOS E TODAS!!!   



Finalmente preparamos a nosa BOLSA   DE  MATERIAL para levar á casa todo o que fixemos ao longo do trimestre.

                                                           BOLSAS  CON  SIMBA.


ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

OLA  A TODOS E TODAS !!! 


Programamos as actividades do 1º Trimestre co obxectivo de que xiraran entorno á  SABANA AFRICANA.

A ver si vos gusta a escolma de fotos que preparamos que  non son máis que unha pequena mostra do que fixemos nas nosas aulas


TARTA DE ANIVERSARIO





                      

MESA DE INVESTIGACIÓN DE 4/5 ANOS



MESA DE INVESTIGACIÓN DE 3/4 anos

sábado, 26 de diciembre de 2020

CURSO 2020/2021



 BENVIDOS  A TODOS/AS  AO CURSO  2020/2021 !!! 


Si, este curso é o curso da esperanza  nun futuro mellor para todos.Queremos dar a benvida á ilusión , á alegría , á incorporación de novos nenos/as e novas familias as nosas aulas.Tamén queremos deixar  reflectido o noso desexo de recobrar a nosa ansiada" normalidade" .Pero todo se andará!!!

Agora imos coas boas novas.Este curso en INFANTIL  investigaremos aos "LEÓNS e as LEOAS" e o seu entorno natural: a sabana africana.Preparádevos pois para aprender moitas cousas sobre ÁFRICA : animais, vexetación  ,pobos, cidades, arte...

PREPARADE  A VOSA CÁMARA FOTOGRÁFICA E OS VOSOS PRISMÁTICOS QUE NOS IMOS DE SAFARI!!!

 

jueves, 25 de junio de 2020

RECORDAMOS TODO O QUE INVESTIGAMOS SOBRE VAN GOGH

DECORAMOS AS PORTAS DAS NOSAS AULAS REFLECTINDO TODO O QUE INVESTIGAMOS  


-Que era?
-Onde naceu?
-Que pintaba?
-Como pintaba?
-Onde pintaba?



O TOLO DO PELO VERMELLO estará sempre connosco.



EXPOSICIÓN DOS VOSOS CADROS DE VAN GOGH


Antes de marchar de vacacións as profes quixemos deixar expostos no cole OS VOSOS CADROS DE VINCENT VAN GOGH. .

 Quedounos así de chula a nosa exposición! 




Os nenos/as de 3 anos pintaron "CAMPO DE PAPOULAS"



Os nenos/as de 4 anos pintaron  "TRIGAL CON CORVOS"



Os nenos /as de 5 anos pintaron "OS XIRASOIS"

sábado, 13 de junio de 2020

ORLA DOS QUE REMATAN INFANTIL E FOTOS DOS ANIVERSARIOS

Hoxe tamén temos unha SORPRESIÑA para os que tiveron o seu ANIVERSARIO durante o CONFINAMENTO ou que CUMPLEN NO VERÁN!!!

As profes non podiamos deixarvos sin agasallo de cumpreanos e preparamos unha FOTO-MONTAXE para non esquencernos do voso día no que sodes REIS e RAIÑAS.Esperamos que vos guste!!!
Podedes pasar a recollela a partir do  vindeiro luns en horario de 10 a 13 horas.Son os seguintes nenos e nenas: UXÍA, VALENTINA, CELIA ,LARA ,ANDRÉS e ESTELA da aula de 4 e 5 ANOS .

ARES, YOEL, YOLANDA, DAVID , SOFÍA, ANGIE, SARA  e SHEYLA da aula de 3 e 4 ANOS.

PARABÉNS PARA TODOS E TODAS!!! 

ORLA DOS PINTORES DE 5 ANOS EN PARÍSSS!

QUE HAI DE NOVO NENOS E NENAS!!!

Hoxe as profes de Infantil queremos comunicarvos que OS NENOS E NENAS  que REMATAN INFANTIL este curso poden pasar polo colexio a partir do vindeiro luns en horario de 10 a 13 horas a recoller a súa ORLA.

A verdade que estades guapísimos de pintores parisinos! Sempre vos dixen que tiñamos que ir a PARÍS.E como o prometido é deuda aló nos fomos de forma virtual...Nunca esquenceremos A Torre Eiffel, Os Campos Eliseos, O Río Sena e tantas outras cousas que pintaban os nosos amigos os pintores.Ogallá que algún  día cando o vexades na realidade teñades a mesma ilusión que tendes agora! 

sábado, 6 de junio de 2020

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!

Estamos a piques de rematar a nosa exposición da CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO,,
polo tanto os que ainda non o acabástedes , dádevos moita prisa ! Hoxe envía o seu museo CARLOTA de 4 anos e dinos que " está cerrado e baleiro polo coronavirus pero que seguro que para a exposición de setembro xa poderá contar con visitantes".XENIAL CARLOTA!

O MUSEO PRECIOSO PERO ...SIN VISITANTES!


HOXE ANUNCIARON A BOA NOTICIA QUE O MUSEO DO 
                                        PRADO ABRÍA OUTRA VEZ  AS SÚAS PORTAS.
COIDO , CARLOTA QUE PARA SETEMBRO ESTARÁ CHEO!

FRIDA    MERECE QUE O PÚBLICO VOLVA A ADMIRAR AS SÚAS OBRAS

miércoles, 3 de junio de 2020

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

A CASA AZUL : O MUSEO DE FRIDA KAHLO.

Continúamos coa exposición dos vosos traballos e hoxe fai a súa achega DAVID de 3 anos.Mirade que ben fixo o seu Museo que ata MICKEY  se apunta a investigar a FRIDA KAHLO.



martes, 2 de junio de 2020

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

OLA NENOS E NENAS!

Continúamos coa nosa exposición da CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO , e chégalle o turno a IRENE de 5 anos. Imos vela seguindo a totalidade do proceso do seu traballo:
PINTANDO


RECORTANDO

MOSTRÁNDONOS O SEU  TRABALLO

CONVIDÁNDONOS A ENTRAR

E... XOGANDO !!!

sábado, 30 de mayo de 2020

A CASA AZUL:O MUSEO DE FRIDA KAHLO

Continuamos coa nosa exposición  da CASA AZUL: O MUSEO  DE FRIDA KAHLO.




Chégalle o turno de expoñer os seus traballos a ANA de 3 anos e a YOEL de 4 anos.Ambos encheron o seu museo de visitantes, usando as súas coleccións de playmobil. Así me gusta! Ainda que agora haberá que gardar a distancia de seguridade. RECORDADE  TEMOS QUE SEGUIR COIDÁNDONOS PARA COIDAR DE TODOS

jueves, 28 de mayo de 2020

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

A CASA AZUL de FRIDA foi convertida en Museo en 1958 , catro anos despois da morte da pintora.Hoxe é un dos museos máis concurridos da capital mexicana.O noso alumnado disfruta xogando á vez que adquire   novas aprendizaxes.Mirade CELIA  de 5 anos o ben que o pasa! XOGADE CO MUSEO PERO ACORDÁDEVOS DE COIDALO PARA A EXPOSICIÓN!!! 
PINTA


INVESTIGA

APRENDE

XOGA