jueves, 30 de abril de 2020

BOS DIAS A TODOS E A TODAS !!!

 Hoxe  xa temos novas achegas de RETRATOS DE FRIDA KAHLO.

Pertencen a ANDRÉS e XACOBE  de 5 ANOS e a ESTELA  de 4 ANOS.Que preciosidade!


miércoles, 29 de abril de 2020

RETRATOS DE FRIDA KAHLO


Chégannos máis RETRATOS DE FRIDA KAHLO

Esta vez son de MANUEL de 5 Anos e de ANA de 3 Anos.Están PRECIOSOS!

Veña animádevos a mandar todos os que faltades.Tendes ata finais  de
semana.





 

lunes, 27 de abril de 2020

OS VOSOS RETRATOS DE FRIDA KAHLO


                         


Así de bonitos están a quedar os vosos RETRATOS DE FRIDA KAHLO

Animádevos a facer os vosos igual que fixeron VALENTINA e UXÍA, de 4 ANOS  e ANGIE  de 3 ANOS.  

jueves, 23 de abril de 2020

OLA A TODOS E TODAS!

Aí vos queda unha actividade do centro para todos os nenos/as do cole.




23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
EU QUEDO NA CASA .... LENDO, E TI? QUE LES?
Para conmemorar o día do libro queremos que nos contedes que estades a ler.
Sabendo uns dos outros animarémonos a viaxar a través das historias dos nosos libros.
Propoñémosvos enviar unha foto ao correo do colelendo: ceip.villar.parama@edu.xunta.es.
Na imaxe, debe apreciarse claramente a portada do libro para que poidamos ver o título.
Convencede as vosas familias para facelo tamén, así teremos unha escolma xenial de TÍTULOS  para todas as idades.
QUE VOS PARECE?? Temos de prazo ata venres 23 xa que o luns xa poderemos ver o resultado desta proposta.
SAÚDOS LECTORES.

miércoles, 22 de abril de 2020

OLA NENOS E NENAS! ...COMOS ESTADES, BEEEEN?


Hoxe imos deixarvos outro video titulado "Unha cuarentena con Arte".
          Pinchade no menú da dereita para acceder ao enlace.
       
          Tendes que velo moi atentos porque ides atopar no medio do MUSEO , un cadro de FRIDA 
          KAHLO. A ver cal é o máis rápido e busca o título do cadro.
          
          Ademáis coa axuda de papá e mamá podedes investigar o título dalgún deses cadros do                        MUSEO e o seu autor e logo escribilo e mandalo aos nosos correos.
  .
 
       . 


domingo, 19 de abril de 2020

BLOG DE INFANTIL

OLA A TODOS E A TODAS!
Estamos atravesando uns momentos bastante complicados polo estado de alarma,  e ca conseguinte suspensión das clases ,véndonos obrigados a seguir co noso curso a distancia.
Xa publicamos na nosa páxina web do colexio unha serie de recomendacións para conseguir que os nenos estiveran activos e que non se aburriran: aplicacións,xogos interactivos,contacontos,actividades de plástica...Tamén vos suxerimos facer unhas actividades de repaso,co obxectivo que recorden un pouquiño o que xa viron con anterioridade no cole.
Asimesmo propoñémosvos facer unha serie de actividades moi creativas para retomar o PROXECTO DOS PINTORES. Este trimestre iamos traballar sobre Frida Kahlo. Os nenos/as xa a coñecen porque xa a introduciramos aló polo 8 de marzo, día da Muller.Saben que foi, é e será un icono do feminismo. Saben moitas cousas da súa vida que vos poden contar...Preguntádelle ,seguro que vos sorprenden.

Para SABER MÁIS,invitámosvos a ver os seguinte video:

        -Zamba:Excursión al Museo de Bellas Artes- Frida Kahlo. Canal Pakapaka.
        
        -Frida Kahlo  paratodos- You Tube. 

Para  FACER propoñémosvos:

        -Fai o teu propio Retrato de Frida KAHLO.

     
        -Disfrázate como Frida KAHLO.