DÍA DA PAZ
O DÍA 30 DE XANEIRO conmemórase o DÍA DA PAZ e en Educación Infantil quixemos por a nosa impronta nesta celebración.
Así propuxemos investigar ao pintor que nos quedara sin investigar o curso pasado por mor da pandemia: PABLO PICASSO. Todo o alumnado do noso centro participou pintando" O GUERNICA".Os nenos e nenas de Infantil disfrutamos pintando a parte do cadro que nos tocou: a pomba , a bombilla central e a muller que leva o quinqué na man.Todos estes elementos representan a esperanza nun momento de caos .
Isto mesmo é o que queremos simbolizar nós neste momento de tristeza pola pandemia.Pero tamén os nenos e nenas recoñecen os outros elementos do cadro:o toro, o cabalo, o soldado ,a muller coxa...Preguntádelle veredes como vos sorprenden!!!
Aquí están os nosos artistas pintando.