sábado, 30 de mayo de 2020

A CASA AZUL:O MUSEO DE FRIDA KAHLO

Continuamos coa nosa exposición  da CASA AZUL: O MUSEO  DE FRIDA KAHLO.




Chégalle o turno de expoñer os seus traballos a ANA de 3 anos e a YOEL de 4 anos.Ambos encheron o seu museo de visitantes, usando as súas coleccións de playmobil. Así me gusta! Ainda que agora haberá que gardar a distancia de seguridade. RECORDADE  TEMOS QUE SEGUIR COIDÁNDONOS PARA COIDAR DE TODOS

jueves, 28 de mayo de 2020

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

A CASA AZUL de FRIDA foi convertida en Museo en 1958 , catro anos despois da morte da pintora.Hoxe é un dos museos máis concurridos da capital mexicana.O noso alumnado disfruta xogando á vez que adquire   novas aprendizaxes.Mirade CELIA  de 5 anos o ben que o pasa! XOGADE CO MUSEO PERO ACORDÁDEVOS DE COIDALO PARA A EXPOSICIÓN!!! 
PINTA


INVESTIGA

APRENDE

XOGA

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

BOAS TARDES!
Seguimos recreando a nosa vista coas novas aportacións do MUSEO DE FRIDA KAHLO dos nenos e nenas de Infantil.Chegan os traballos de XIANA de 3 anos e MANUEL de 5  anos.A casa azul é o sitio onde naceu e morreu a  nosa pintora favorita e os nosos  artistas non paran de facerlle detalles despois de haber investigado moitísimo!Souberon reflectir moi ben o choque no autobús que provocou o gravísimo accidente de FRIDA, o  título das súas obras...É que son traballos XENIALES!


FRIDA e DIEGO   unha parella de pintores inolvidables para nos!

O TERRIBLE ACCIDENTE  DO AUTOBÚS!

OS NUMEROSOS AUTORRETRATOS DE FRIDA
   ,dos dos d

lunes, 25 de mayo de 2020

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

Temos novas achegas  DA CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO.Esta vez pertencen a ANGIE de 3 Anos e XACOBE  de 5 ANOS.Eles souberon darlle o seu toque persoal e crearon uns personaxes cun carácter moi particular. Mirade que FRIDA KAHLO e DIEGO RIVERA máis chulos.Parabéns!




Ante isto só podemos dicir : "VIVA LA VIDA"

A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

A CASA AZUL FRIDA KAHLO,está ubicada nun dos barrios máis fermosos e antigos da CIDADE DE MÉXICO,: COYOACÁN.

Outros dous artistas que ademáis son irmáns , ANDRÉS  de 5 anos e ESTELA de 4 ANOS deleítannos cos seus traballos.Tamén LARA de 5 anos soubo recrear moi ben o universo máis íntimo da artista achegándonos  o seu estudo e a súa biblioteca .






A CASA AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO

BOS DIAS A TODOS E A TODAS!

Comenzamos hoxe coa nosa exposición da CASA  AZUL: O MUSEO DE FRIDA KAHLO , feito polos nosos artistas de EDUCACIÓN INFANTIL.Todos os museos están feitos con cartón e outros materiais de refugallo e mirade que creatividade teñen estes artistas!Hoxe expoñen os máis rápidos en entregar as súas produccións : ARES e UXÍA  de 4 ANOS



viernes, 22 de mayo de 2020

VIDEO EXPOSICIÓN DE RETRATOS DE FRIDA KAHLO



OLA NENOS E NENAS!!!

Despois desta semana adicada a LETRAS GALEGAS imos a colgar o VIDEO  que recolle a nosa EXPOSICIÓN  DE RETRATOS DE FRIDA KAHLO.

Esperamos que vos guste.

jueves, 14 de mayo de 2020

OS BOLECHAS E CARVALHO CALERO


QUERIDOS NENOS E NENAS:

O domingo celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, festa que tanta ilusión nos facía porque iamos a representar a nosa obra de TEATRO AS TRES MELLIZAS E VAN GOGH  . Este ano non vai a poder ser porque non podemos estar todos xuntos no escenario do noso colexio! O COVID-19 arrebatounos esa ilusión pero vos, que sodes heroes e heroinas dende as vosas casas ides a celebrar esa FESTA DE GALICIA.Sabemos que haberá máis días para volver a facer todo iso que tanto nos gusta e volver a troular e disfrutar todos xuntos.

Este ano como xa sabedes o persoeiro das LETRAS GALEGAS é RICARDO CARVALHO CALERO
e quen mellor para insinarnos cousas da súa vida que OS BOLECHAS.


Aquí vos  deixamos un ENLACE para que descubrades cousas  guiados por esta familia de vellos coñecidos vosos.


https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-

caleroENLACE


Para os que  queiran SABER MÁIS poden entrar no seguinte ENLACE:

Seminariogalan.org

Aqui poderás imprimir fichas para RECORTAR,COLOREAR,  ESCRIBIR...e pasalo moi ben mentras investigas e aprendes máis cousas da vida e obra de RICARDO CARVALHO CALERO

lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

ACTIVIDADE  para homenaxear a RICARDO CARVALHO CALERO, ,autor o que se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.Os nenos e nenas de INFANTIL  ilustraremos o seu CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA do seguinte xeito:


  • Os nenos/as de 3 anos  farán un debuxo de pitas.
  • Os de 4 anos debuxarán galos.
  • Os de 5 anos ambientarán a escena onde transcurre o conto: o Pazo onde pasaba RICARDO os veráns,a  visita do seu pai, os outros animais cos que xogaba ( cabuxas, can ...)  
Animádevos a facer o voso traballo que logo imos a montar un VIDEO CO TRABALLO DE TODOS  OS NENOS E NENAS  DO COLEXIO.

DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

BOS DÍAS:
E hoxe si que xa rematamos coa nosa exposición de DISFRACES DE FRIDA KAHLO e DIEGO RIVERA porque temos que seguir coa nova actividade para as Letras Galegas.
Deixanos a súa foto SARA  de 3 ANOS. Mirade que modelo máis chula! 

domingo, 10 de mayo de 2020

DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

BOAS NOITES!
Aqui non paramos nin pola noite porque nos chegan fotos a todas as horas e os nosos nenos e nenas devecen por verse asi de guapos  e graciosos!



Achegan as súas fotos de DISFRACES DE FRIDA KHALO e DIEGO RIVERA,CARLOTA de 4 anos e SHEYLA e SOFÍA de 3 anos

sábado, 9 de mayo de 2020

DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

BOAS TARDES a todos e a todas!

Continuamos coa nosa exposición de DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA
Agora tócalle o turno a VALENTINA  e ARES de 4 anos e a DAVID  de 3 anos.A que están para comelos?


DISRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

Ola  Artistaaas!
Non parades de traballar ! Miña nai , miña naiciña, NON DOU FEITO!
Hoxe chégannos as fotos de DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA  de ANDRÉS e ESTELA de 5 e 4 anos e as de ANGIE e  ANA de 3 anos.Mirade que monos están!


viernes, 8 de mayo de 2020

DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

OLA FAMILIAS!
véxovos que estades emocinados co das fotos dos DISFRACES DE    
FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA


Hoxe chégannos os traballos de UXÍA de 4 ANOS e LARA e IRENE  de 5 ANOS.Tal é o entusiasmo que os irmáns pequenos tamén queren unirse a nosa exposición.Animade vós os perguiceiros que ainda non enviaron nada.Estades guapísimos!



jueves, 7 de mayo de 2020

DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

OLAAA!

xa sei que estades agardando polos novos DISFRACES DE FRIDA KHAL

Vaivos a levar un anaquiño recoñecelos...Son HUGO e XIANA de 3 ANOS e XANDRE  de 4 ANOS.

Non me digades que non están paveros! 





DISFRACES DE FRIDA KAHLO E DIEGO RIVERA

E AGORA  SI. AÍ VOS VAN AS PRIMEIRAS FOTOS DOS NENOS E NENAS DISFRAZADOS DE FRIDA E DIEGO RIVERA.

Fixádevos si tivo éxito a actividade que ata se uniron irmás e irmáns do nosos alumnos.Empezamos cos primeiros que as enviastes.XACOBE, CELIA  e MANUEL  de 5 ANOS.