domingo, 25 de abril de 2021

ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE

 PARABÉNS para todos os nenos e nenas que celebraron os seus ANIVERSARIOS no 2º trimestre

       INÉS e MARÍA da aula de 3/4 anos  e UXÍA , DAVID e ANGIE  da aula de 4/5 anos.




Aquí queda tamén unha mostra dos materiais que levaron para a casa no 2º trimestre.






SEMANA DA PRENSA

 Este curso para conmemorar A SEMANA DA PRENSA decidimos facer o noso propio xornal:O FALADOIRO DE VEA. Cada clase elaborou unha noticia para as diferentes seccións do noso xornal:nacional , internacional, política.

O noso ciclo de Infantil quixo relacionalo como facemos sempre co noso proxecto sobre a natureza da sabana africana. Nesta liña  de pensamento a aula de 4/5 anos centrouse no medio ambiente e a súa necesidade de protexelo. Mirade que activistas se volveron!!!





A aula de 3/4 anos centrouse na Carteleira para publicitar a nosa película favorita: O REI LEÓN .
Coloreamos a imaxe máis representativa da película, escribimos os nomes dos protagonistas que ademais coinciden cos personaxes que imos interpretar a nosa obra de teatro e traballamos sobre o argumento da mesma.

ESTAMOS EMOCIONADÍSIMOOOS !!!




8 DE MARZO

O Día 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é en INFANTIL quixemos sensibilizar ao noso alumnado da importancia de concienciarse que non hai metas imposibles para as mulleres en prol de buscar a igualdade de ámbolos dous xéneros en todos os eidos .Escollimos para investigar nas dúas aulas a dúas mulleres africanas para relacionalo co noso proxecto sobre ÀFRICA.

O  alumnado de 3/4 anos investigou a raiña de Ghana YAA  ASANTEWA que se converteu nun símbolo para o seu país da resistencia ante os ingleses e da loita pola independencia do seu .O alumnado de 4/5anos investigou a activista e cantante sudafricana MIRIAMMMAKEBA  que loitou polos dereitos humans. 

Botade un vistazo aos nosos traballos!!!


      

                                      Aula de 3/Anos:  YAA  ASANTEWA



                                     Aula de 4/5 anos: MIRIAM MAKEBA

Tamén decidimos poñer o noso grao de area buscando e escribindo mensaxes moi significativas de empoderamento da muller participando nunha actividade de centro pero nós quixemos darlle a nosa impronta particular disfrazándonos de mulleres africanas e poñendo nos nosos beizos esas palabras que nunca esqueceremos.








DÍA DE ROSALÍA

 O día 24 de Febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA , data que coincide co aniversario do seu nacemento. No noso colexio quixemos agasallar con flores a ROSALÍA e mirade que contentos estamos co resultado do noso traballo!!!


                                      

                                                           AULA DE 3/4 ANOS



                                                           AULA DE 4/5 ANOS

Tamén quixemos agasaiar a nosa poetisa galega favorita cos nosos retratos feitos coa técnica de ANDY WARHOL.




jueves, 1 de abril de 2021