jueves, 7 de mayo de 2020

MATERIAIS PARA FACER O MUSEO DE FRIDA KAHLO

QUE TAL AMIGUIÑOS?

Chegou o  día de botarnos unhas risas cos vosos DISFRACES  DE FRIDA  KAHLO e DIEGO RIVERA.
Pois non!...  ides a ter que agardar ata a tarde porque antes temos que plantexarvos unha derradeira actividade do noso proxecto de Frida Kahlo.

Imos a facer A CASIÑA AZUL, O MUSEO DE FRIDA KAHLO.
Para iso necesitas:

MATERIAIS:


  1. Unha caixa de zapatos.    
      2 .Cuter e tesouras.

      3. Regra.

      4. Témpera azul e pinceis.

      5.Ceras ou rotuladores.

      6.Pegamento.


PASOS

  1. Colle a caixa e pinta de cor AZUL. A tapa non a vas a necesitar
  2. .Co cuter e a regra, comenza por debuxar e recortaras portas e ventás. Poder reforzar os    .marcos das mesmas con cinta aislante de cores que quedará moi bonito.      
  3.  Imprime cadros en miniatura de Frida e coloreaos ou fai ti os teus propios cadros e colgaos nas paredes do Museo.
  4. . Con muñecos de Playmobil , Pin y Pon ou rollos de papel hixiénico podes facer a Frida ,Diego Ribera ou aos visitantes do Museo.
      E XA PODEDES XOGAR AOS MUSEOS! 

Podedes buscar en internet diferentes modelos de casas  de cartón e sorprendernos coas vosas creacións.Ai vos queda un modelo moi fácil de facer.Ata pronto  ARTISTAS

  


No hay comentarios:

Publicar un comentario