domingo, 19 de abril de 2020

BLOG DE INFANTIL

OLA A TODOS E A TODAS!
Estamos atravesando uns momentos bastante complicados polo estado de alarma,  e ca conseguinte suspensión das clases ,véndonos obrigados a seguir co noso curso a distancia.
Xa publicamos na nosa páxina web do colexio unha serie de recomendacións para conseguir que os nenos estiveran activos e que non se aburriran: aplicacións,xogos interactivos,contacontos,actividades de plástica...Tamén vos suxerimos facer unhas actividades de repaso,co obxectivo que recorden un pouquiño o que xa viron con anterioridade no cole.
Asimesmo propoñémosvos facer unha serie de actividades moi creativas para retomar o PROXECTO DOS PINTORES. Este trimestre iamos traballar sobre Frida Kahlo. Os nenos/as xa a coñecen porque xa a introduciramos aló polo 8 de marzo, día da Muller.Saben que foi, é e será un icono do feminismo. Saben moitas cousas da súa vida que vos poden contar...Preguntádelle ,seguro que vos sorprenden.

Para SABER MÁIS,invitámosvos a ver os seguinte video:

        -Zamba:Excursión al Museo de Bellas Artes- Frida Kahlo. Canal Pakapaka.
        
        -Frida Kahlo  paratodos- You Tube. 

Para  FACER propoñémosvos:

        -Fai o teu propio Retrato de Frida KAHLO.

     
        -Disfrázate como Frida KAHLO.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario